Que fai o mosquito por nós? (Catro Ventos Editora)

19,90 

Que fai o mosquito por nós?

LIBRO EN GALEGO

Editorial: Catro Ventos Editora

Medidas
: 15.3  x 21.5 cm
Páginas: 208

4 dispoñibles

Que nos pode importar a nós, desde a outra beira do Atlántico, que se extinga unha especie no Brasil da que nunca oiramos falar? E non vos preguntastes algunha vez por que demo existen os mosquitos… ou as carrachas?

Atendede ben: sen mosquitos, ídevos esquecendo do chocolate! A natureza é unha rede en que cada organismo desempeña unha función esencial. Non hai especie que non dependa doutra, e os seres humanos non iamos ser a excepción. Sen a diversidade da natureza non dariamos sobrevivido: sen insectos non habería froita, sen microorganismos non habería humus… e, o dito, sen mosquitos non habería chocolate.

Ao destruírmos esta diversidade estamos a pór en perigo a nosa propia existencia. Para que iso non pase, este libro, Premio Alemán de Comunicación Medioambiental en 2021, preséntanos, con humor e claridade, o mundo fascinante dos animais e das plantas, que nos agasallan alimentos, seguridade, saúde e moito máis, e amósanos que debemos facer para deter ―aínda estamos a tempo!― a sexta extinción masiva.

LIBRO EN GALEGO

Envío gratis
Gastos de envío gratis a partir de 89€.
Embalaxe
Embalaxe procedente de materiais reciclados.
Valores
Productos orgánicos, éticos e veganos.
Que fai o mosquito por nós? (Catro Ventos Editora)
Que fai o mosquito por nós? (Catro Ventos Editora)

19,90 

4 dispoñibles