Dous colectivos anticapitalistas británicos elaboraron e lanzaron conxuntamente en 1999 un texto que defendía dúas tese bastante iconoclastas: que a explotación animal foi esencial no desenvolvemento do capitalismo (e ese non é un feito que se deba pasar por alto); e que o movemento pola liberación animal e o movemento comunista teñen máis en común do que os seus participantes crían nese momento. Vinte anos despois seguen sendo dúas afirmacións que, como mínimo, chocan coa práctica xeneralizada en ambos os movementos.
A presente edición recolle Bestas de carga e cinco textos máis xurdidos tras a súa lectura: Carta aberta sobre a liberación animal de Gilles Dauvé, unha recensión publicada na revista Undercurrent, a resposta de Antagonism e Practical History a ambos os textos, e outra recensión máis, extraída da revista Do or die.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.