Especismo , machismo, heteronorma, racismo, capacitismo, explotación ambiental… Todas as formas de opresión están conectadas, pois se basean nunha forma común de organización do mundo: o pensamento binario.
Cara a mundos máis animais rastrexa os diferentes binarios que estruturan os mundos e as relacións. Binarios sobre os que se asintan os diversos sistemas de opresión que jerarquizan os corpos, converténdoos en corporalidades outras: dominables, explotables, asesinables.
Para converter a un corpo noutro/a (para degradalo e oprimilo), necesítase xerar un abismo entre eu e o/a outro/a. Cara a mundos máis animais explora as raíces comúns que permean nos sistemas de dominación considerando os corpos como o espazo onde se debuxa a liña entre as vidas que importan e as que non.
Pero os corpos non reciben pasivamente a opresión, os corpos son tamén espazos de acción política, de contestación, de resistencia. Existe a posibilidade dunha alianza entre corpos para (re)existir en común? Este ensaio é unha impulso cara a andar (ou reptar, ou nadar, ou voar) outras formas posibles de habitar os mundos e de relacionarnos con quen os comparto.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.