Tocounos vivir unha das épocas máis transcendentes da historia da humanidade. O noso día a día lévanos a ser peóns dunha partida de xadrez que enfronta o capitalismo contra calquera forma de vida presente no planeta.
N’A bolsa ou a vida, Salvador Lladó presenta dunha forma clara, didáctica e amena diferentes perspectivas da actual crise ecolóxica: desde a causa central (a necesidade imperiosa de medrar do noso sistema económico), pasando polo seu principal síntoma (a emerxencia climática), até unha serie de propostas políticas (ecosocialismo, Green New Deal, decrecemento…) que nacen da necesidade de lle pór freo a un ritmo de produción e destrución da natureza sen precedentes. Ese freo existe: unha vía baseada na cooperación imprescindible do 99 %, unha vía capaz de substituír o mantra do crecemento económico ilimitado polo do benestar social e da biodiversidade do planeta. Velaquí un paquete de medidas para dicir non á bolsa e un si rotundo á vida.
Publicado orixinalmente en catalán en febreiro de 2020 e reeditado e ampliado en abril de 2020, a presente edición galega parte desta segunda edición na que o autor expón nun clarificador epílogo a relación intrínseca que existe entre a pandemia causada polo SARS-CoV-2 e a emerxencia climática.
Inclúe un prólogo á edición galega de Manuel Casal Lodeiro (fundador e coordinador da revista 15/1515).
Reseñas
Aínda non hai valoracións.