Adeus, plástico! (Catro Ventos Editora)

16,45 

Adeus, plástico!


Editorial: Catro Ventos Editora

Medidas
: 15 x 21 cm

Páginas: 240

3 dispoñibles

O plástico é un potente símbolo de modernidade, pero tamén das súas contradicións. As toneladas de residuos que infestan os océanos e os microplásticos que amezan a nosa saúde son o reflexo dunha sociedade baseada no crecemento ilimitado e no consumo sen control. A batalla contra o plástico xa está en andamento. Porén, con tantas dúbidas e sobreinformación, ás veces queremos cambiar de hábitos e non sabemos como.

Adeus, plástico! propón suxestións para varios niveis de implicación: principiantes que comezan a familiarizarse co tema, expertos que xa levan tempo tomando medidas para reducir a súa pegada ecolóxica e profesionais, empresas e institucións cuxo impacto ambiental ten maior repercusión. Elisa Nicoli (a autora de Limpeza creativa) e Chiara Spadaro explican o panorama actual con cifras e datos chave, deixan ao descuberto o problema dos plásticos de usar e desbotar (para o ambiente e tamén para a saúde humana), falan das consecuencias da obsesión pola reciclaxe e as alternativas posibles, e propoñen múltiples recursos e recomendacións prácticas para pasar á acción e vivir comodamente sen plástico.

Pagos seguros
Fai as túas compras con total seguridade e confianza. Protección en cada transacción.
Envíos rápidos
Recibe os teus pedidos con entregas rápidas a través de Correos.
Ofertas especiais
Descubre produtos e descontos únicos que apoian o Santuario Vacaloura.
Asistencia en compras
Contacta connosco para resolver dúbidas sobre os teus pedidos.
Adeus, plástico! (Catro Ventos Editora)
Adeus, plástico! (Catro Ventos Editora)

16,45 

3 dispoñibles