O aceite de palma (Catro Ventos Editora)

19,00 

O aceite de palma

LIBRO EN GALEGO

Editorial: Catro Ventos Editora

Medidas
: 15.3  x 21.5cm
Páginas: 156

3 dispoñibles

Témolo na comida, nos cosméticos, nos combustibles e no corpo. O aceite de palma, que encontramos na metade dos produtos dos supermercados, conformou o noso mundo. Max Haiven descúbrenos como as engrenaxes do capitalismo están lubricadas —literal e metaforicamente— por este elixir ubicuo.

Neste libro atopamos certo relato cronolóxico, mais non é unha historia. É o intento de seguir o trazado de algo que a simple vista non se ve. De responder a dúas preguntas: que significa ser humano nun mundo feito de aceite de palma?; que significa contarnos a nosa historia a nós, corpos feitos de aceite de palma, porque nós, sen excepción, o levamos sobre a pel ou metabolizamos a partir do que comemos?

Historia, soño, teoría, montaxe…: este libro incítanos a recoñecermos o pasado que hai no presente e a aproveitarmos o potencial para facer un mundo mellor.

LIBRO EN GALEGO

Envío gratis
Gastos de envío gratis a partir de 89€.
Embalaxe
Embalaxe procedente de materiais reciclados.
Valores
Productos orgánicos, éticos e veganos.
O aceite de palma (Catro Ventos Editora)
O aceite de palma (Catro Ventos Editora)

19,00 

3 dispoñibles